REDONDELA F.S – I.E.S CORUXO
CRÓNICA DO PARTIDO
Partido disputado no municipal de Redondela, con moitas esperanzas postas na victoria do equipo por sair dos postos de descenso.
O equipo de Manoliño saía coas intencións ven claras pero a verdade e que a agresividade dos vigueses en todo a campo complicaba bastante as cousas. A parte de todo iso, unha moi mala primeira metade dos locáis provocaba a chegada ó descanso cun 0 - 3 no marcador.
Comezaba a segunda metade con bastante máis intensidade dos Redondeláns e con outra actitude tanto en ataque coma en defensa.
Esta dinámica no encontro sería o que poría o 2 - 3 no marcador e con moitas opcións de remontalo encontro.
Pero un rápido gol dos visitantes pouco despois de marcalo 2 - 3 acabaría coas opcións de victoria do Redondela.
A pesar diso o equipo local non baixou os brazos e xogaría con porteiro xogador ata o final do encontro, con moitas e moi claras ocasións de gol pero sen acadalo ansiado triunfo, chegando así ó final do partido cun 2 - 4 no marcador.
Manuel Otero
No hay comentarios:
Publicar un comentario