CORTEGADA F.S – REDONDELA F.S
CRÓNICA DO PARTIDO
Partido disputado no municipal de Arnoia, con pouca entrada de espectadores na bancada.
O equipo Redondelán comezaba o partido con moitas ganas de levalos 3 puntos para casa. Non tardaron moito en adiantarse no marcador levando gran parte do peso do partido. Pero a pesar de que o equipo de Cortegada é o último clasificado da categoría, non dudaba en pelexar pola victoria, empleándose a fondo en defensa sendo moi agresivos, algo que complicaba a circulación do balón os de Redondela.
A cousa pintaba mal, e os locáis conseguen marcalo empate, e o mesmo tempo subilas ganas dos xogadores vendo que o rival parece desmoralizarse ante a boa defensa que estaban a facer.
A agresividade dos Redondeláns do último partido, pasou desapercibida en Arnoia, e costáballe moito traballo manexalas xogadas de ataque.
Antes do descanso os locáis conseguen o 2-1, algo que suporía un duro mazazo para os de Manoliño.
O adestrador intenta levantalo ánimo dos xogadores, e o mesmo tempo modificar un par de cousas para o ataque.
A segunda metade comezaba con algunha ocasión dos visitantes, pero os de Cortegada esperaban en 10metros e complicábanse as chegadas.
Os de Redondela abrían o campo o máximo posible para buscalas entradas por bandas e intentar crear espacios entre os defensores.
Foron varias as ocasións con algún disparo os paos, pero non chegaba o gol do empate e o tempo seguía pasando.
Nos últimos 3 min. os de Manoliño xogaban con porteiro xogador, pero sin éxito.
Aínda habería tempo para que os locáis conseguiran tres goles máis, cos de Redondela totalmente volcados en ataque e con pouco espazo, os de Cortegada conseguían roubar e disparar dende o seu campo con bastante acerto, chegándose así ó final do partido cun 5-1 no marcador.
Na miña opinión o resultado non reflexa o acontecido no campo, pero o equipo non deu todo o que tiña dar tendo en conta a situación na táboa.
Manuel Otero
No hay comentarios:
Publicar un comentario