miércoles, 2 de marzo de 2011

CRONICA DO ADESTRADOR


REDONDELA F.S - BAITRA BAIONA

CRÓNICA DO PARTIDO

Partido disputado no municipal de Redondela, con varias baixas por parte dos locáis, que provocou a volta ó equipo do xuvenil Pablo.
Os locáis saíron coas ideas bastante claras e coa intención de deixalos tres puntos na casa.
Cunha defensa moi agresiva e cunhas rápidas contras, que esta vez si remataban en gol, foron decisivas para ó desenrolo do encontro, que deixou o equipo de Baiona un pouco desconcertado coa boa actitude dos Redondeláns.
 Non olvidemos que este equipo foi o que conseguiu meter máis goles ó Redondela 2-11 na primeira volta.
Con esta dinámica chegariamos ata o descanso cun 4-2 no marcador.
O Baitra Baiona comezaba a segunda metade un pouco máis agresivo, pero a lenta circulación do balón non creaba problemas na defensa dos de Manoliño.
Cando se achegaba o final do encontro e o desgaste físico comezaba a xogar un papel importante, o equipo aguantou as continuas chegadas dos visitantes que tamén se toparon có porteiro local que tivo unha boa tarde.
Todavía habería algunha ocasión máis que os de Redondela aproveitarían para marcar o definitivo 5-2.
Gustaríame felicitar a todo o equipo que a pesar das baixas tan importantes que tiñan, deron a cara ata o final do encontro.




                                                                                                            Manuel Otero

No hay comentarios:

Publicar un comentario