RODAVIGO MOS - REDONDELA F.S
CRÓNICA DO PARTIDO
Partido disputado no pavillón Oscar Pereiro de Mos, cunha pequena entrada de espectadores.
O Redondela visita Mos con varias baixas, por lesión e por sanción, cun equipo moi xusto de xogadores, tendo que incorporar un xogador do Xuvenil.
Na primeira metade do encontro, o Redondela consegue levar case todo o peso do xogo de ataque, pero unha boa defensa dos de Mos neutralizan por completo as continuas xogadas dos de Manoliño, cos catro xogadores locáis ben pechados no seu campo e con rápidas contras que conseguen materializar en gol con moita efectividade. Con esta dinámica chegaríase ó descanso cun 3-0 no marcador. O Redondela disporía dun penalti pero non conseguen o ansiado gol.
A segunda metade sería un reflexo da primeira, pero a pouca efectividade dos de Redondela de cara ó gol non cambiaría o ritmo do encontro.
As continuas chegadas dos Redondeláns non intimidaban ó Mos que seguía igual, todavía marcaría algún gol máis igual có Redondela pero sen ocasión de poder remontalo encontro.
O marcador final sería un 7-3.
Manuel Otero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario