SAN MARTIÑO F.S – REDONDELA F.S
CRÓNICA DO PARTIDO
Partido disputado en Moaña, cunha aceptable entrada de espectadores ainda que a maioría locáis.
Os Redondeláns volveron facer unha moi boa primeira parte, cunha defensa moi ordenada e agresiva complicándolle as xogadas de ataque os locáis.
A primeira metade finalizou cun 0-1 no marcador, ainda que os de Manoliño dispuxeron de varias oportunidades para chegar con algún gol máis no marcador.
A segunda metade comeza case coa mesma dinámica da primeira, defensa ben armada dos Redondeláns e problemas para avanzar para os locáis. Pero o San Martiño non tarda moito en meterse no partido cun gol, despois dun despiste defensivo que iguala o encontro e volven aparecer as dúbidas nos Redondeláns.
Pouco tempo despois volven marcar o segundo os locáis, pero esta vez o equipo no lle perde a cara ó partido e intenta ir a por todas dispoñendo de varias ocasións de gol, ata que nos minutos fináis conseguen marcar de dobre penalti o 2-2. Nas últimas xogadas do encontro o equipo dispón de algunha xogada máis de perigo, pero sen finalizar con éxito as mencionadas ocasións.
En liñas xerais o equipo estivo bastante ben, ainda que falta manter a concentración en defensa durante todo o encontro.
Ante todo gustaríame felicitar a todos os xogadores polo traballo realizado, pese a que algúns arrastran problemas físicos.
Manuel Otero
No hay comentarios:
Publicar un comentario