miércoles, 22 de diciembre de 2010
miércoles, 15 de diciembre de 2010
COMUNICACIÓN DE ENCONTRO
martes, 14 de diciembre de 2010
AS LIÑAS DO ENTRENADOR
REDONDELA F.S – PAZOS
CRÓNICA DO PARTIDO
Partido disputado no municipal de Redondela, cunha boa entrada de espectadores.
O Redondela saía a pista coa intención de sacar un resultado positivo contra o líder da categoría, pero o bó xogo do Pazos complicáballe as cousas os Redondeláns.
Os primeiros en adiantarse no marcador son os visitantes cun forte disparo dende lonxe despois dunha xogada de corner. O Redondela consegue empatar ó partido pero o Pazos insiste en querer levarse os tres puntos de Redondela, poñendo intensidade no xogo de ataque e tamén no defensivo, chegándose ó descanso cun 2 a 4 no marcador.
A segunda parte comenza case como a primeira, con dominio no xogo do Pazos pero o Redondela sae disposto a pelexar ata o final pola victoria. Despois de remontar un 2 a 5 case imposible, con moito traballo e orgullo persoal, os Redondeláns conseguen poñerse 5 a 5 no marcador e sorprender por completo os visitantes. Parece que os esforzos realizados durante todo o encontro dos locáis comezaba a ter a súa recompensa e coa presión en toda a pista que facían os Redondeláns, chegábase ó final do encontro cun 8 a 6 no marcador.
Creo que este é o camiño que o Redondela debe seguir, e xogar todos os partidos coa mesma intensidade.
Gustaríame felicitar a todos os xogadores polo esforzo realizado, e a toda a xente que asistiu ó pavillón e animou ó equipo durante todo o partido.
Manuel Otero
REDONDELA FUTBOL SALA
AUTONÓMICA SUR
FICHA TÉCNICA
ENCONTRO: REDONDELA F. S. – S. D. PAZOS
INSTALACIÓN: PAVILLÓN MUNICIPAL DE REDONDELA
DÍA: 11 -12 - 2010
HORA: 18:30
RESULTADO: 8-6
XORNADA: 13ª
ALINEACIÓNS
REDONDELA F. S. FRANCISCO GONZALEZ, SAUL ALFONSO, ALEXANDRE GOMEZ, JORGE ALONSO, BORJA RUA E. INICIAL. YAGO FIGUEROA, JORGE JOSE, SANTIAGO RUIZ, JOAQUIN LAGO, IVAN LAGO.
GOLEADORES: 2- JORJE JOSE, JORGE ALONSO, SAUL ALFONSO. 1- YAGO FIGUEROA, JOAQUIN LAGO.
S. D. PAZOS: DAVID LOPEZ, ELOLY BOULLOSA, JACOBO AMOEDO, MANUEL MIGUEZ, RODRIGO MOURIÑO. E. INICIAL: ESTEBAN MOURIÑO, PABLO ABRUÑEDO, MARCELINO CERNADAS, HUGO LOPEZ.
GOLEADORES: 3- ELOY BOULLOSA. 2- JACOBO AMOEDO. 1- MANUEL MIGUEZ.
ÁRBITROS: FIDEL GONZALEZ ARMADA, JOSÉ RAMÓN PARADELA. CRONOMETRADOR: LORENA QUINTAS CRESPO. COLEXIO: OURENSE
AMONESTACIÓNS: LOCAL: A.YAGO FIGUEROA, ALEXANDRE GOMEZ. VISITANTE: A: HUGO LOPEZ, JACOBO AMOEDO.
NOTA DE PRENSA
O LÍDER MARCHOU DE VACÍO DA BOMBONERA
O fútbol sala Redondela saltaba a cancha da bombonera(repleta de xente) con mais dúbidas das normais debido os últimos resultados negativos consecutivos, non era un dos mellores rivais desexados o Pazos de Borbén para disputar un derbi que non viña en bo momento, pero o longo do partido os locales foron meténdose no partido.
Adiantábanse no marcador os visitantes con xogada individual de ELOY os 13 minutos de partido, e un falta a favor dos locais executada por JOAQUIN fixo o 1-1 no minuto 15, dous fallos defensivos consecutivos dos locais facilitaron o marcador o descanso de 1-3,con bo xogo pero con falta de concentración.
Escomenzaba a segunda parte con dominio visitante e os 4 minutos ELOY facía o 1-4,os locais non se renderon e tiraron de casta para intentar parar os visitantes e así chegou o 2-4 a falta de 14 minutos po remate, os redondelans non perderon a fé e seguiron traballando forte pero sería o pazos o que voltaba a marcar para por no marcador o 2-5, que parecía inalcanzable. O adestrador local MANOLIÑO esgota o tempo morto e todo cambia, un equipo visitante moi cansado e un equipo locai moi forte tanto física como psíquicamente e apretando en todas liñas daba cabo pouco a pouco con una remontada increíble, 3-5 obra de arte de SAUL, 4-5, habilidade de YAGO, 5-5, magistral pase YAGO a SAUL, 6-5 SAUL desbocado habiltita a JORGE ALONSO, no medio de tanta euforia o equipo visitante solo podía estar presente no terreo de xogo xa que os locais querían mais, e así foi o 7-5 foi un bo pase do porteiro(NAKA) a 35 metros que ALEXANDRE controlou e asistió a JORGE CABANELAS. Tempo morto do equipo visitante para poder xogar con porteiro xogador a falta de 1”43, pero sin acerto algún, os locais non pararon de defender e sair o contrataque e así chegaría o último gol locai as botas de JORGE CABANELAS, un lanzamento de 10 metros a falta de 45 segundos puxo no marcador o 8-6 definitivo.