miércoles, 24 de noviembre de 2010

Benvida do presidente


REDONDELA FÚTBOL SALA



Prólogo

04-12-1986. Se nos fixamos nesta data  poderiamos pensar un cento de cousas, pero o máis importante para nós é que se fundou o Club Redondela Fútbol Sala. Daquela falar de fútbol sala case era impensable, porque o normal era falar de futbito. Así era como se denominaba de forma coloquial un deporte que comezaba nesta vila para acoller xogadores de fútbol ou como opción de ocio para moitos outros que non tiñan cabida no deporte rei.

Se falamos de 1986 tamén pensamos que quedan menos de 13 meses para cumprir as vodas de prata: o Redondela Fútbol Sala cumpre os seus 25 anos deixando atrás grandes nomes de xogadores e adestradores,  que hoxe en día teñen, neste deporte,   moita relevancia a nivel local, autonómico e nacional.

A pesar dos problemas que cada día se nos presentan para poder continuar con este club, e debido ás dificultades económicas que cada tempada sufrimos, non deixamos de loitar para manternos vivos como a 4ª ou 5ª institución deportiva deste concello.

Gustaríanos  volver ver que a xente, que algún día pertenceu a este club e a que aínda esta con nós, continúe a apoiarnos para ser, pouco a pouco e día a día,  un pouquiño máis grandes.


O presidente,

Juan Manuel Nogueira Santos


No hay comentarios:

Publicar un comentario