lunes, 23 de septiembre de 2013

crónica Redondela FS 5 - Concello de Mos 5










O Redondela FS conseguía sumar un punto no seu primeiro encontro da tempada, ante un dos equipos chamados a estar no zona alta da tabla,o Concello de Mos, que xa a tempada pasada foi subcampeón desta Liga Galega.

O partido gozou de diferentes alternativas. Todo comenzaba moi ben para os locais cando Borja no primeiro minuto de xogo, adiantaba ós seus, pero non quedaría ahí, porque Tizón poñía terra por medio cun 2-0 que máis dun non se creía. A partir de aquí os de Mos comezaron a facerse donos do xogo e xunto coas faltas do equipo redondelán gozarían dun 10 mts. que Siso acertaría a introducir nas redes de Iván, este mesmo xogador puido empatar se non errara outro lanzamento directo. O punto máis negativo chegaría nos últimos dous minutos antes do descanso, tres goles visitantes permitíanlle ir ós vestiarios cunha ventaxa de 2-4.

A segunda metade non podía comezar peor, Siso ós catro minutos deixaba o marcador nun 2-5 que parecía definitivo, pero todo o contrario, e partir de aquí, sobre todo, polo condicionante físico e máis dos folgos que chegaban da bancada, os redondelans foron golpeando unha e outra vez a portería do visitante Jose, ata que cando faltaban seis minutos o marcador era de empate a cinco tantos. De aquí ó final os dous equipos foron merecedores de conseguir algún gol máis, pero xa non se movería o marcador.
Resultado moi positivo, tendo en conta a entidade do rival, e que sempre é importante empezar sumando. Seguinte partido contra outro dos grandes, o campeón do ano pasado Talleres ABC Vigo.

viernes, 30 de agosto de 2013




Venres día 30 a nosa categoria de cadetes comezaran os entrenos de pretemporada a partir das 19.00 horas no Municipal de Redondela.

Sábado a partir das 19.00 horas no Municipal de Redondela a categoría de autonómica disputará o seu segundo partido de pretemporada,esta vez será ante o Bembrive.

1 partido pretemporada do equipo de autonómica

UNHA PRIMEIRA PARTE QUE INVITA Ó OPTIMISMO
Leis 4- Redondela 2

Primeiro encontro amigable desta pretemporada para os redondeláns. Como rival o Leis, equipo que esta tempada volverá a competir na terceira división galega.

Sairon moi fortes os visitantes, quizás no primeiro tempo, notouse físicamente a semana a maiores que levan os de Redondela de traballo. Ainda así serían os pontevedreses cun rebote nun córner os que inaugurarían o marcador. A boa defensa do Redondela e por momentos unha posesión alta do balón, faría que lle deran a volta o marcador para retirarse coa ventaxa de 1-2 o descanso.

A segunda parte sería totalmente distinta, tres minutos desastrosos, faría co Leis, volteara o marcador con tres goles consecutivos e se fixera dono único do encontró, con Raúl Jiménez como maestro de ceremonias.

Ó final 4-2 e moitas conclusións que sacar. O obxectivo principal e dar continuidade o xogo desplegado na primeira parte, e non perder a concentración en ningún momento, xa que os rivais, independentemente da categoría non perdoan.

miércoles, 31 de julio de 2013

Trofeos




PABLO VALLE DEPORTES CAMPEÓN DO
XXXIX MUNDIALITO DA XUNQUEIRA

 O equipo vigués Pablo Valle Deportes, facíase co primeiro posto, despois de vencer na final ó Chusco D´Guay por 4-2. Este sábado poñíase o peche a esta nova edición de fútbol sala con vallas co seguinte cadro dehonra:

 CAMPEÓN
Pablo Valle Deportes
SUBCAMPEÓN
O Chusco D´Guay
TERCEIRO CLASIFICADO
Cafetería O Nordes
CUARTO CLASIFICADO
Rodavigo
EQUIPO MENOS GOLEADO
Pablo Valle Deportes
MÁXIMO GOLEADOR
Rubén Valle Táboas (O Chusco D´Guay)
MELLOR XOGADOR
Mario Paz Bahillo (Pablo Valle Deportes)
DEPORTIVIDADE
O Chusco D´Guay


 Unha vez rematada a final, nunha clausura austera por mor do luto existente na vila, debido ó tráxico accidente ferroviario, pechábase un torneo que destacou polo gran nivel dos participantes, así como por seu bo facer dentro e fora da cancha.