lunes, 23 de septiembre de 2013
crónica Redondela FS 5 - Concello de Mos 5
O Redondela FS conseguía sumar un punto no seu primeiro encontro da tempada, ante un dos equipos chamados a estar no zona alta da tabla,o Concello de Mos, que xa a tempada pasada foi subcampeón desta Liga Galega.
O partido gozou de diferentes alternativas. Todo comenzaba moi ben para os locais cando Borja no primeiro minuto de xogo, adiantaba ós seus, pero non quedaría ahí, porque Tizón poñía terra por medio cun 2-0 que máis dun non se creía. A partir de aquí os de Mos comezaron a facerse donos do xogo e xunto coas faltas do equipo redondelán gozarían dun 10 mts. que Siso acertaría a introducir nas redes de Iván, este mesmo xogador puido empatar se non errara outro lanzamento directo. O punto máis negativo chegaría nos últimos dous minutos antes do descanso, tres goles visitantes permitíanlle ir ós vestiarios cunha ventaxa de 2-4.
A segunda metade non podía comezar peor, Siso ós catro minutos deixaba o marcador nun 2-5 que parecía definitivo, pero todo o contrario, e partir de aquí, sobre todo, polo condicionante físico e máis dos folgos que chegaban da bancada, os redondelans foron golpeando unha e outra vez a portería do visitante Jose, ata que cando faltaban seis minutos o marcador era de empate a cinco tantos. De aquí ó final os dous equipos foron merecedores de conseguir algún gol máis, pero xa non se movería o marcador.
Resultado moi positivo, tendo en conta a entidade do rival, e que sempre é importante empezar sumando. Seguinte partido contra outro dos grandes, o campeón do ano pasado Talleres ABC Vigo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)