XXXI MARATÓN DE FÚTBOL SALA
CONCELLO DE REDONDELA
NORMAS
1. A Organización non se fará responsable de posibles lesións, e a participación neste campionato supón a completa aceptación desta norma.
2. Para considerarse inscrito, o equipo deberá entrega-la folla de inscripción, as autorizacións necesarias para os menores de idade, aboa-la inscripción e entrega-las fotocopias dos D.N.I. ou fichas dos xogadores e delegado.
3. Cada equipo poderá inscribir un máximo de DOCE xogadores e un mínimo de SETE, todos eles maiores de dezaseis anos cumpridos antes do inicio do torneo.
4. So poderán xogar no torneo os xogadores asignados na folla de inscripción, non se poderá trocar nin inscribir ningún xogador unha vez que o equipo xogue o primeiro partido.
5. As idades das categorías son as seguintes:
a. Senior masculino: nados antes do 1.995(inclusive).
b. Senior feminino: nadas antes do 1.995(inclusive).
c.
6. Os dorsais dos xogadores asignados na folla de inscripción non se poderán variar en ningún caso durante a competición.
7. Agardarase un máximo de cinco minutos para comenza-lo partido. A non presentación dun equipo sancionarase coa eliminación do torneo e a pérdida da fianza. Se xa xogou algún partido o resultado mantendrase (tanto se gañou como se perdeu) e se quedáballe algún partido por disputar daráselle por gañado o equipo contrario por un resultado de 3-0.
8. Para establece-la clasificación final dun grupo, no caso de empate a puntos entre dous ou mais equipos, aplicaranse os seguintes criterios na orde que se citan, sempre e cando fosen necesarios empregalos todos.
A. Clasificación particular obtida únicamente cos resultados establecidos entre estes equipos.
B. Diferencia entre os goles a favor e os goles en contra nesa clasificación particular.
C. Maior número de goles a favor na clasificación particular.
D. Punto B aplicado á clasificación xeral.
E. Punto C aplicado á clasificación xeral.
F. Sorteo.
9. Os partidos terán unha duración de 1 tempo de 28 minutos.
10. Por partido gañado otorgaranse 3 puntos e 0 por partido perdido. No caso de empate 1 punto para cada equipo.
PRIMEIRA FASE
11. *Estableceranse 4 grupos de 6 equipos que xogarán por sistema de liga a unha soa volta, pasando á 2ª fase os catro primeiros de cada grupo.
* Os grupos e os sistemas clasificatorios dependerán do número de equipos que se inscriban no torneo.
SEGUNDA FASE
12. Estableceranse 4 grupos de 4 equipos que xogarán por sistema de liga a unha soa volta, pasando a cuartos de final
os dous primeiros de cada grupo.
SEMIFINAIS, 3º E 4º POSTO E FINAL FEMININA
13. Haberá 2 tempos de 20 minutos e un descanso de 5 minutos.
14. No caso de empate haberá unha prorroga de 5 minutos, e no caso de persisti-lo empate, haberá un mínimo de tres lanzamentos ata o primeiro erro dun dos equipos.
FINAL
15. Haberá dous tempos de 20 minutos e un descanso de 5 minutos.
16. No caso de empate aplicarase o punto 14.