XXXVII MUNDIALITO DA XUNQUEIRA
CONCELLO DE REDONDELA
DO 29 DE XUÑO ATA O 30 DE XULLO
1. A Organización non se fará responsable de posibles lesións, e a participación neste campionato supón a completa aceptación desta norma.
2. Para considerarse inscrito, o equipo deberá entrega-la folla de inscripción, as autorizacións necesarias para os menores de idade, aboa-la inscripción e entrega-las fotocopias dos D.N.I. ou fichas dos xogadores e delegado.
3. Cada equipo poderá inscribir un máximo de DOCE xogadores e un mínimo de SETE.
4. So poderán xogar no torneo os xogadores asignados na folla de inscripción, non se poderá trocar nin inscribir ningún xogador unha vez que o equipo xogue o primeiro partido.
5. As idades das categorías son as seguintes:
Sénior masculino
Sénior femenino
Cadete masculino
6. Os dorsais dos xogadores asignados na folla de inscripción non se poderán variar en ningún caso durante a competición.
7. Agardarase un máximo de cinco minutos para comenza-lo partido. A non presentación dun equipo sancionarase coa eliminación do torneo e a pérdida da fianza. Se xa xogou algún partido o resultado mantendrase (tanto se gañou como se perdeu) e se quedáballe algún partido por disputar daráselle por gañado o equipo contrario por un resultado de 3-0.
8. Para establece-la clasificación final dun grupo, no caso de empate a puntos entre dous ou mais equipos, aplicaranse os seguintes criterios na orde que se citan, sempre e cando fosen necesarios empregalos todos.
A. Clasificación particular obtida únicamente cos resultados establecidos entre estes equipos.
B. Diferencia entre os goles a favor e os goles en contra nesa clasificación particular.
C. Maior número de goles a favor na clasificación particular.
D. Punto B aplicado á clasificación xeral.
E. Punto C aplicado á clasificación xeral.
F. Sorteo.
9. Os partidos terán unha duración de 2 tempos de 14 minutos.
10. Por partido gañado otorgaránse 3 puntos e 0 por partido perdido. No caso de empate 1 punto para cada equipo.
PRIMEIRA FASE
11. Estableceránse 4 grupos de 6 equipos que xogarán por sistema de liga a unha soa volta, pasando á 2ª fase os catro primeiros de cada grupo.
Os grupos e os sistemas clasificatorios dependerán do número de equipos que se inscriban no torneo.
SEGUNDA FASE
12. Estableceranse 4 grupos de 4 equipos que xogarán por sistema de liga a unha soa volta, pasando a cuartos de final os dous primeiros de cada grupo
.
SEMIFINAIS, 3º E 4º POSTO E FINAL FEMININA
13. Haberá 2 tempos de 20 minutos e un descanso de 5 minutos.
14. No caso de empate haberá unha prorroga de 5 minutos, e no caso de persisti-lo empate, haberá un mínimo de tres lanzamentos ata o primeiro erro dun dos equipos.
FINAL
15. Haberá dous tempos de 20 minutos e un descanso de 5 minutos.
16. No caso de empate aplicarase o punto 14.
NOTA:
Disporase de 15 días dende o remate do torneo para recolle-las fianzas na Cafeteria Aifos de Redondela.