O Club Redondela Futbol Sala convida a tódo-los soci@s a unha XUNTA EXTRAORDINARIA o luns día 29 de Abril ás 21.00h no Multiusos da Xunqueira,para discuti-lo futuro do club.
IMPORTANTE Á ASISTENCIA.
A Directiva.
lunes, 22 de abril de 2013
cronica poio 3- redondela 5
VICTORIA DE PESO PARA O REDONDELA FS
Tres puntos moi importantes os
acadados onte na xornada matinal do domingo, no Pavillón Municipal de Poio. Os
de Redondela foron quen de gañar por 3-5 ó Poio Fútbol Sala, nun dos partidos
mais completos disputados ata agora, sobre todo a nivel defensivo.
O encontró poríase moi pronto
de cara, Juan subía o primeiro gol no minuto 3 e Jorge no 11 daría certa
tranquilidade ós seus co 0-2, pero a partir de aquí virían os peores momentos, en
catro minutos os locais conseguirían empatar o encontró e marchar os vestiarios
con tablas no marcador.
A segunda parte empezaba con
dominio redondelán, pero a tónica xeral repetía-se, boa elaboración, chegadas
continuas, pero a finalización seguía condenando a este equipo. O Poio nunha
das escasas chegadas que tivo, aproveitou-se e por primeira vez porían-se por diante no luminoso (3-2).
Faltaban dez minutos, e isto non puxo nerviosos os visitantes, todo o
contrario, un minuto máis tarde, Miguel establecía de novo as tablas, e sería
Dani pouco despois o que daría ventaxa os seus co 3-4.
A falla de catro minutos o
técnico local optaría pola figura do porteiro xogador, perfecta a defensa
redondelana, e Juan nun robuo na mesma, conseguiría dende a sua área o
definitivo 3-5.
Esta victoria volve a supoñer
un novo mérito esta tempada, quinta xornada consecutiva sen perder, trece
puntos de quince posibles, e mellorar a clasificación da tempada, nestos
momentos novenos a falla de tres xornadas, eso sí, con varios partidos de
distintos equipos a disputar aprazados no seu momento.
Esta semana non haberá liga,
o seguente partido será o festivo 1 de maio ante Abetos. Os de Redondela terán
“minivacacións” ata o mércores polo bo traballo desenvolto nas últimas datas.
resultados semana 20-21 /04/2013
RESULTADOS DESTA SEMANA
CATEGORÍA
|
LOCAL
|
VISITANTE
|
RESULTADO
|
PREBENXAMÍN A
|
SJG NIÑO JESUS
|
REDONDELA FS
|
1-2
|
BENXAMÍN A
|
REDONDELA FS A
|
ANPABAL FC A
|
2-1
|
BENXAMÍN B
|
REDONDELA FS B
|
COL. MOSTEIRO
|
3-9
|
ALEVIN
|
REDONDELA FS
|
APOSTOL C
|
5-3
|
LIGA GALLEGA SUR
|
POIO FUTBOL SALA
|
REDONDELA FS
|
3-5
|
martes, 16 de abril de 2013
resultados semana 13-14 / 04 / 2013
FUTBOL SALA REDONDELA
RESULTADO DE ENCONTROS
CATEGORÍA
|
LOCAL
|
VISITANTE
|
RESULTADO
|
PREBENXAMÍN A
|
REDONDELA FS
|
CHAPELA CF
|
1-1
|
BENXAMÍN A
|
COUT. BEADE
|
REDONDELA FS
|
5-3
|
LIGA GALLEGA SUR
|
REDONDELA FS
|
GARCIAARAUJO.COM
|
2-1
|
crónica redondela fs 2 - garciaaraujo.com 1
DEMASIADO SUFRIMENTO PARA VENCER
Ninguén diría
que despois de ver o Redondela FS os primeiros vinte minutos deste encontró,
rematarían pechados no seu campo pedindo a berros o remate do encontró.
O partido
comezou co idéntico guión dos últimos encontros. Un total dominio dos locais que volveron a
disfrutar dunha exaxerada posesión do balón, fronte a un rival agazapado que
bastante facía con intentar correr detrás do esférico. Froito deste dominio,
Dani por partida doble poría un tranquilizador 2-0. Pero o que ten esta
disciplina deportiva é que no único achegamento
visitante,a falla de 9’’,conseguirían reducir distancias e marcharse os
vestiarios 2-1.
A segunda
parte foi totalmente distinta, os redondeláns volveronse lentos e apáticos e
ainda por encima, non foron quen de ampliar o marcador con varias ocasións de
libro das que dispuseron. Os últimos dous minutos nunha boa decisión e valente
os visitantes optaron pola figura de porteiro xogador e puideron incluso nun
par de xogadas empatar al menos o choque. Finalmente o mellor do partido era
que os tres puntos quedabanse na vila.
Despois da
victoria ante garciaaraujo.com o Redondela FS acumula catro xornadas
consecutivas sen perder, e o máis importante, colócase 10º empatado co 9º, o
que supón a mellor clasificación dende que comezou a tempada. A falla de catro
xornadas os choqueiros desfrutan dun bo momento, pero son conscentes da
igualdade que existe e que a mesma produce cada xornada moitos bailes de
postos.
lunes, 1 de abril de 2013
XXXII maratón semana santa
Desde a organización do XXXII Maratón de Semana Santa queremos agradecervos a todos a vosa presencia no torneo.
Nesta edición participarón un total de 16 equipos senior ( 182 xogadores) e nos triangulares da base 3 equipos alevíns,3 benxamíns e 3 prebenxamíns.
Nesta edición participarón un total de 16 equipos senior ( 182 xogadores) e nos triangulares da base 3 equipos alevíns,3 benxamíns e 3 prebenxamíns.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)